Hoy se crea este espacio como punto informativo y de consulta de la SEC en España. Esperemos que este espacio se convierta en el punto de consulta de referencia sobre esta especie tan cultivada en nuestro país. ')}
Category: Noticias públicas
Hoy se crea este espacio como punto informativo y de consulta de la SEC en España. Esperemos que este espacio se convierta en el punto de consulta de referencia sobre esta especie tan cultivada en nuestro país. ')}
O día de hoxe amaneceu cunha triste nova: Mari Carmen Fontán, a propietaria da finca que leva o seu nome, en Rubiáns, foise camiño da eternidade.
Os que organizamos a Exposición da Camelia de Rubiáns, nunca lle agradeceremos suficientemente a súa colaboración con nos: Puxo sempre a súa finca á nosa disposición, abría as súas portas para que quen quixera puidera visitala, exercendo de perfecta anfitriona.
Nunca foi allea ós problemas de Rubiáns, e sempre colaborou como puido na resolución dos problemas, cando facía falta coas súas palabras de ánimo, en ocasións coa súa xenerosa aportación económica…
Cando os días 9 e 10 de febreiro celebremos a V Exposición da Camelia de Rubiáns, notaremos un tremendo vacío, pero tentaremos que sexa a mellor das edicións. estamos seguros que a ela lle gustaría que así fora.
Hoxe domingo, ás 13 horas acompañaremos os seus restos mortais ó cemiterio de Rubiáns.
Descansa en paz, Mari Carmen.
Xurxo Abuín, pdte da Asociación Veciñal e Cultural \»O Souto\» de Rubiáns